Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
La vampira Kuldina, creación de Norberto Fernández, fue utilizada por el dibujante Leandro en la historieta de su serie Rúa Transilvania 1343 para esta entrega de la revista. El dibujo de Kuldina, en un desplegable que era admirado por los personajes de Leandro Barea, contenía la firma de: "Pastrán".
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Case desde o inicio desta sección, recibín cartas de afeccionados ó manga queixándose, ben porque lles parecía que eu non concedía atención abonda á banda deseñada xaponesa, ben porque o estilo de debuxo que se asocia con ela non tiña representación entr os debuxantes. Agora xa hai máis dun que evidencia a influencia das correntes mangas (como é o caso de Lets, de que se fala máis abaixo), pero algunha leitora ten novos motivos de queixa. Por exemplo, Lorena Boquete (irmá de Ángel, de que xa temos publicado unha carta e hai outra máis que agarda para máis adiante). Lorena ten 15 anos, e quere chamar a atención por unha cousa que aparecía no número 47: "¡Nel dicíades que Clamp non é un autor consagrado! Perdóademe se me trabuco, pero para min, unha afeccionada ó manga, Clamp son catro autoras (Mokona Apapa, Mick Neckoi, Satsuki Igaraki, e Nanase Ohkawa) moi famosa en todo o mundo por obras como X 1999/2000, Angelic Layer, Rg Veda, Detectives Clamp, Sakura a Cazadora de Cartas, Clover, Tokyo Babilon, Chobits, Wits..." E engade enfáticamente: ¡Non me deades eses sustos!". Ben, Lorena, paréceme que aquí todo o asunto xira arredor do que entendamos por "consagrado". Eu confeso que descoñecía por completo a existencia de Clamp, o que seguro é un índice sigificativo dos meus limittados saberes sobre o fascinante mundo manga. Estou pensando en asociarme nese club no que anda a túa irmá Alba (a Asociación de Manga: Lorena anima a todos os rapaces e rapazas a que se apunten) para definitivamente poñerme ó día. Só que, ¿estades seguras de que os autores quecoñecedes nas asociacións de afeccionados ó manga son igualmente coñecidos fóra dese ámbito? E, sobre todo, os autores que "consagrades" nesas asociacións, ¿son por iso universalmente consagrados? Consagrados son, por exemplo, Tezuka ou Otomo, o criador de Aklira. Pero teño para min que entre os afeccionados á banda deseñada (e non só ó manga) abúsase as veces das grandes palabras, como "consagrado" ou "clásico". Estes adxectivos habería que reservalos para autores que renovaron de forma moi significativa a arte do debuxo, ou que crearon personaxes que deixaron un impacto capaz de superar tempos e fronteiras. Se cadra, Clamp acabará sendo recoñecido como un autor (colectivo) consagrado. Pero, ¿de verdade credes que merece ese nome xa hoxe mesmo... ? Eu non digo que non, digo: non sei... [...] Por certo que a guerra e o Nunca Máis son motivos que abundan en moitas das cartas recibidas nestes días. Tal acontece coas que nos envían Noelia Romero e Óscar Martínez (o nos ben coñecido Anónimo).
Desglose de contenidos.