Boletín trimestral del Museo do Humor de Fene.
Cuaderno grapado con 12 páginas (más cubiertas) impresas en azul y negro. Este número se tituló Morrocoy (nombre por el que se conoce a la tortuga en Venzuela) al estar dedicado a los humoristas gráficos venezolanos. Las secciones habituales no aparecieron con su encabezamiento, sino que, aun con la misma estructura de otros números, todas las páginas las encabezó el título de este número, Morrocoy. El logotipo de la Xunta de Galicia, una de las entidades patrocinadoras del boletín, no figuró en la contracubierta de la publicación en este número.
Editorial:
¡E logo din que os sapoconchos somos lentos! ¡Pois eu en once horas me puxen en Caracas! Claro que algo me xudou o avión...
¿Que que se me perdera alí? Pois contarei, entre outras que veredes nestas páxinas, que quería buscar "El Dorado", o dorado de ter forzas para empezar de novo con esta publicación que estaba no letargo invernal.
E aquí está. En venezuela atopámo-la enerxía para seguir, mesmo porque nos decatamos de que este boletín ós que nos interesan. Era unha obriga facer un esforzo e saír de novo.
E que mellor xeito de saír que face-lo co nome de MORROCOY -que é como alí chaman ós SAPOCONCHOS- e informando do que hai de humor naquelas terras. O noso director e o reporter Tribulete que foron comigo e diversos escritores e debuxantes venezolanos, tentarán darvos unha visión, se ben parcial, polo menos con boa intención, do que por alí fai tanta xente "chévere" como atopamos.
É magoa que cando andamos a facer este Morrocoy, en venezuela están sufrindo a peor catástrofe da súa historia, e que non vaian os mal pensados a atribuirnos dobles intencións, que non é momento de ter.
O tempo é malo para o humor, pero moito humor vai ser preciso para restaña-las feridas que a auga "arrecha" fixo a Venezuela, polo que nos gustaría aportarlles algo de humor a algúns que a cotío son quen de darllo ós demáis.
Tamén quero aproveitar para falar de cómo vai o Museo, e dos fallos dos premios O Humor na Escola e Curuxa que veñen de executarse, por dicilo dun xeito suave. E darvos -así mesmo- algunhas novas de actualidade porque se non as damos deixarán de selo.
Desglose de contenidos.