Unha herdanza inesperada dálle á familia de Greg Heffley a oportunidade de reformar a casa. Logo han descubrir que facer obra non é tan doado como parece. En canto botan abaixo os tabiques, xorden os problemas: madeiras podres, mofos tóxicos, bichos grimosos e algo aínda máis sinistro fan que Greg e os seus se pregunten se paga a pena tanta embrolla.
Cando por fin rematen as obras, poderán os Heffley quedar na cidade... ou terán que marchar?