Edición en gallego.
Libro recopilatorio con 68 páginas interiores impresas principalmente en color, encuadernado en rústica, y con cubiertas en color. Catálogo que recopilaba los trabajos premiados y presentados al concurso Curuxas do Humor del Museo do Humor de Fene correspondiente al año 2001. Editado por la Asociación de Amigos do Museo do Humor, con impresión a cargo de la Deputación da Coruña. En créditos constó el depósito legal C-831/2000.
Prólogo de Xaquín Marín:
¡Aviso por se sodes incrédulos! ¡Estades a presenciar unha milagre! Non pensedes que estou de broma, aínda que sexa o meu estadi natural. Ó mirardes este catálogo, ó comprobardes que está feito, que mide, que abulta, que pesa... estades a contemplar unha milagre.
Ou, senón, dicídeme qué é unha pequena asociación de amigos dun museo; qué é, ademais, un Museo do humor que, dende 1984, vén mantendo contra vento e marea un pequeno concello de menos de 15.000 habitantes; qué outras cousas mantén uns premios anuais que xa levan doce convocatoriase está xa coa seguinte (convocatorias que se difunden por todo o mundo, dende China ó Brasil, por poñer dous exemplos); que chegue a editar o nomeado catálogo, iso si, co apoio xeneroso da Deputación Provincial e co esforzo teimudo duns poucos sociose unha directiva entusiasta e traballadora, agás a parte que me toca.
Se ben esa"pequena asociación" xa leva feitos unha morea de murais humorísticos en Fene, un monumento ó Pallaso (dos poucos que haberá no mundo), moitas publicacións, unha páxina web (que para que o saibades é: fenehumor.com) e moitas cousas que veredes a poucoque as mirades.
E unha vez que, ó lerdes ata aquí, vos estades a facer partícipes dunha milagre, e xa nunca máis poderedes dicir que sodes descridos. Relaxádevos e deleitádevos coa publicación, que ben o merece.
Para que vos quede constancia, recibíronse perto de catrocentos debuxos, algúns sen cumprir ningún dos requisitos que exisimos. Deles, fixemos unha exhaustiva selección ata chegar ós 111, que aquí veredes e que se expuseron durante un mes na Sala de Mostras Temporais da Casa da Cultura do Concello de Fene. isto, logo dunhas furibundas, á par que humorísticas, discusións dun xurado composto por:
Luís Humberto Marcos: director do Museo da Imprensa (Portugal)
Francisco Puñal: cineasta (Cuba)
Ana Santiago: presidenta da Comisión de Culturado Concello de Fene
Xaquín Marín: director do Museo do Humor
Chegaron á conclusión de facer finalistas a:
Ross Thompson, de Gran Bretraña
Yu Huachon, de China
Yuri Kosobukin, Ucraína
Tomás Rodríguez "Tomy", de Cuba
De entre eles, e sentindo non ter máis premios, acordaron que o vencedor do "Curuxa Gráfica" era Tomás Rodríguez "Tomy".
Tamén aproveitámo-la ocasión para dicir que a "Curuxa de Honra" foi para Siro López Lorenzo; a dos "Medios de Comunicación" foi para Xatentendo.com, suplemento de humor de La Voz de Galicia, e que a de "Barro" tamén foi para XATENTENDO, por non ter textos en galego.
E unha vez dito todo isto, agradecer ós que fixeron posible a publicación deste catálogo: concursantes, socios, Deputación, etc., xa que os consideramos fundamentais para o prestixio do concurso e do Museo.
Xaquín Marín
Director do Museo do Humor
Desglose de contenidos.