CURUXAS (1987, MUSEO DO HUMOR/AMIGOS DO MUHU/DPDC) 1
CURUXAS
CURUXAS `85 `86
1 de CURUXAS [de 4]
Distribución:
España · 1987
Impresión:
Lengua:
Traducción del gallego
Formato:
Tamaño:
20 x 21 cm
Paginación:
52 págs.
Color:
COLOR (portada) MONOCROMÍA (interior)
Registros:
Dep. Legal: C-978-87
Autores:
Prologuista 1: X. MARÍN
Historietistas 2: FERREIRO, MANEL VICENTE
Escritor 1: SIRO
Caricaturista 1: CALROS SILVAR


  0  0

Edición en gallego.

Cuaderno grapado con 52 páginas impresas en monocromía más cubiertas en color. Catálogo que recogía los trabajos premiados en las convocatorias de los años 1985 y 1986 de Curuxas do Humor. Con diseño a cargo de Lois Rodríguez. A modo de encarte se entregó junto al catálogo un encarte en color del dibujante Alberto Varela Ferreiro consistente en una historieta de su personaje Xeixas Llohnson.

Introducción de Xaquín Marín:

Non vou aquí a pormenoriz-los males do humor, nin tampouco a repeti-los síntomas de revitalización que se alviscan, só quero deixar sentado o que resulta máis cómodo que de pé, que o humor non está ben.

Humor é líquido, e penso que o humor esmorece pola desertización agallopante dos miolos, desertización que para min —outros terán mellores argumentos— ven da man das novas tecnoloxías mal asimiladas que permiten non usa-la imaxinación, cando se poden merca-las ideas de outros en cómodas "cassetes" e poñelas para atrás ou para adiante, e aínda máis, a botón parado, con só apretar esta ou aquela tecla.

Líquidas ou humorísticas son as letras galegas, que veñen ser consideradas oficialmente como partes húmidas do Estado; onde con todo, o impacto da desertización foi se cabe máis forte, porque representou de súpeto o paso do arado romano ó ordenador persoal.

E claro o humor resentiuse, e de ser unha tradición e unha constante no noso ser, pasou a ser unha tradición cáseque esquecida, coma tantas outras. Tanto é así, que hai uns anos, pensando que esmorecía, Siro e eu fixemos un manifesto que viña sendo un S.O.S., pedindo a mobilización xeral en DEFENSA DO HUMOR.

Pero isto é un limiar para a revista dos premios Curuxa e non un muro das lamentacións, aínda que serva para poñernos en órbita. Por certo, non sería mala cousa que o Concello de Fene, logo de face-lo Museo do Humor, erguera un muro de lamentacións, onde os veciños —tanto os pro-chinos coma os pro-nichos—, e ata os que non tiveran a sorte de se-lo, levarán as súas quixas en forma de "graffittis", rezos, imprecacións e ata mexadas anti-stablismen.

Voltando ó asunto..., que non estará mal facer unha estadística do que se gasta no humor, e xa non digo comparalo co que se gasta en armamento —ata aí chegaría a brincadeira— senón comparándoo co que se gasta en outras actividades parellas e moitas veces parellas e moitass veces alleas. Mentres hai milleiros e milleiros de flores naturais de poesía, premios de pintura, de comic, de novela, de contos, de gravados, (onde por certo, non se especifica que non poidan presentarse humoristas), non hai apenasconcursos que apoien exclusivamente o humor, e iso é grave.

Pensando nesa gravidade o Museo do Humor tiña que face-lo posible para atalla-la situación, e xa no primeiro día de existencia falamos da ne4cesidade de facer un concurso prestixioso, que viñera reforza-los contadísimos que existen, e non tardamos nin un ano en cumpri-la promesa.

O nome xurdeu nuha "tormenta de cerebros", logo de que se plantexaron moitos outros, coido que foi DANIEL ROMERO o que o dixo: CURUXA!, e todos vimos que era o axeitado e CURUXA! ficou...

A CURUXA xa todos sabedes é un animal ben simpático a todo o mundo agás dos ratóns e demáis roedores, e non quero sinalar a ninguén.

Un páxaro que actúa con nocturnidade pero sin alevosía, e quizáis por isto algúns o relacionan coa morte, o que tamén ten a súa coña.

Un páxaro filosófico que sumido nas súas fondas cavilacións ten tempo a chosca-lo ollo para quitarlle ferro os pensamento ou mandarnos calar cando xa vai farto de escoitar tantas parvadas. Por suposto é moito máis doado atoparlle humor a unha Curuxa que a unha CODORNIZ, a un CANARIO ou a un COCODRILO; nomes que serviron de vehículos ó humor, pero tampouco é cousa de presumir.

Así que unha vez posto e xustificado o nome tiñamos que crea-la figura para os premiados. Encargámoslla á persoa idónea, a ISAAC DÍAZ PARDO, quen é súa vez tivo refleos de pedirlle o deseño a quen mellor podía face-lo, a FRANCISCO XOSE PEREZ PORTO que ademáis da súa calidade e orixinalidade contrastada como ceramista é de Fene, que xa é mérito. Destes dous homes e de tódolos homes e mulleres que participaron logo na súa elaboración, xurdeu a preciosa figura que será a constante neste premio, porque a contía monetaria supoño que variará agardo que medre— con posibles axudas.

Fixemos logo unhas bases ollándoas de outros concursos e as difundimos o que poidemos que non foi pouco no pouco tempo que temos para facelo.

Os traballos fixerónse agardar pero ó fin chegaron para a nosa ledicia e para traballo do xurado que en pouco tempo tivo que ver boa cantidade de traballos, e ademáis o máis difícil, ir eliminando ós menos bós.

Ó fin ficaron só uns finalistas que acadaron máis puntos dos membros do xurado, e que ninguén busque dobre senso ó de membros, que se deron os puntos coa cabeza e logo coa man. Os finalistas foros estes:

Na CURUXA GRÁFICA: David Sotelo, Chelo Loureiro, Carslos Silvar, Alberte V. Ferreiro

Na CURUXA LITERARIA: Romántico co relato MEIGAS, Xosé Caldeiro co relato CRÓNICA DE TRASNOS, Esteiro co relato EMILIANO

E xa co traballo medio feito chegamos ó día das SEGUNDAS XORNADAS DO HUMOR, un día cheo de actividades planificadas e de improvisacións, pasado xunto con compañeiros e amigos en total armonía e convivencia.

Pola mañá ademáis de inaugura-las mostras dos traballos presentados a concurso e de novos fondos do Museo, coa importante incorporación dunha boa colección de humoristas españois doada por AGROMAN, fixemos unha sinxela presentación do Catálogo do Museo, coa colaboración humorística das FORZAS ELÉCTRICAS, que acompañaron os actos cun longo apagón.

Logo dun xantar ben servido, onde os gráficos non pararían de facer debuxos senón era para comer ou beber e os outros falaban a eito, pasamos á segunda parte, onde se adxudicaron os premios entre actuacións musicais coma as de Quico de Cariñó e a mozambiqueña Amelia Mugé, e os contos e discursos de Carlos O Xestal.

Primeiro se outorgaron os do HUMOR NA ESCOLA, que foron así:

CATEGORÍA "A" Gráficos: 1.º MARIO FERNANDEZ GARCIA, 2.º XAVIER GONZALEZ ROJO, 3.º YOLANDA PEREZ FEAL. Literarios: 1.º CARLOS NEIRA CORTIZAS, 2.º ANA ISABEL LOREDO, 3.º YOLANDA PEREZ FEAL.

CATEGORÍA "B" Gráficos: 1.º XOSE L. VAZQUEZ LOPEZ, 2.º XOSE C. SARDIÑA DIEGUEZ, 3.º XOAN C. VAZQUEZ LOPEZ. Literarios: 1.º Mª LUZ GARCIA CAJETE, 2.º e 3.º DESERTOS

E logo como prato forte os premios CURUXA:

A CURUXA DE HONRA foi para ISAAC DIAZ PARDO; a CURUXA GRAFICA para FERREIRO que resultou se-lo carballés ALBERTE V. FERREIRO; a CURUXA LITERARIA para ROMANTICO que resultou se-lo ferrolán MOISES FERNANDEZ FORMOSO.

Pasou un ano (onomatopeia de pasar un ano), un ano de abondo importante para o MUSEO, xa que ás actividades habituais, veu a sumarse a mostra "106 CARICATURISTAS CONTEMPORÁNEOS", que nos cedeu con amabilidad búlgara, a CASA DO HUMOR E A SÁTIRA DE GÁBROVO.

Acomodar, organivar e levar ata onde nos foi posible case que 400 debuxos, algúns de grande tamaño, levou o sen traballo; traballo que nalgunhas ocasións se veu recompensado cos resultados e noutras non; por exemplo, a percura de axudas voltounos a descubri-la dificultade de recorre-los vieiros do humor.

Unha vez máis, temos que salienta-la amabilidade e a colaboración plena de ISAAC DIAZ PARDO, que acedeu a leva-la mostra ó MUSEO CARLOS MASIDE, dándolle o máximo relevo.

Tamén deu traballo aínda que menos— organiza-la mostra HOMENAXE DOS HUMORISTAS A CASTELAO, que montamos ó mesmo tempo ca outra, e que recolleu traballos de moitos humoristas galegos, e ata un posible CASTELAO non catalogado.

Con todo convocamos normalmente o premio CURUXA e os do HUMOR NA ESCOLA, e o 8 de Decembro, lémo-los fallos entre moito público, conferencias como a de CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ, sobre MANUEL TORRES, e a proxección de vídeos das II XORNADAS DO HUMOR e da CASA DO HUMOR E A SÁTIRA DE GÁBROBO.

Tamén aproveitamos para presentar como quen non quere a cousa o CADERNO DO MUSEO N.º 2, que recollía unha selección dos traballos gráficos da mostra HOMENAXE A CASTELAO, e algunha colaboración literaria.

Os premios do concurso "O HUMOR NA ESCOLA" foron así:

No Grupo "A" gráfico: 1.º Tito Xabier Taboada López, 2.º Xosé Sardiña Rico, 3.º Ana Isabel Pena Iglesias; e literario: 1.º Lois Neira Cortizas, 2.º Ana Belén Salgado Gabeiras, 3.º Ana Loredo García.

No grupo "B" gráfico e literario: 1.º Carlos Neira Cortizas (non se presentaron máis traballos).

A CURUXA DE HONRA levouna o humorista de Marín, MANUEL TORRES, e foi recollida por Clodio González Pérez.

A CURUXA LITERARIA foi para o único finalista, ANTÓN CORTIZAS e o seu traballo "A media muller".

Na CURUXA FOTOGRÁFICA debutou con éxito, xa que se presentaron obras de abondo e bastantes de calidade; ó fin o xurado decidiu entre dúas fotos de EDUARDO RIVAS e unha de CARLOS GARCÍA FAJARDO que fora a deste último a que levara a CURUXA.

Non só chegaron máis traballos que no anterior, senón que tamén medrou de xeito importante a cobertura informativa do noso concurso; prensa, radio e televisión deixáronos pouco respiro no día das II Xornadas e nos anteriores, pero o importante é que o humor non pare de medrar e que cada ano sexa máis grande que os que xa pasaron.

Nesta publicación que hoxe sacamos queremos darlle as gracias a tódolos que fixeron posible arealización desta película... digo concursos, e a xente de FENE, concursantes, xurado...

O ano que ven..., segueremos falando.

Xaquín Marín

Director do Museo do Humor

Desglose de contenidos.

  • Cubierta con ilustración de portada, título y logotipo de la entidad editora.
  • Segunda y tercera de cubiertas impresas en blanco.
  • Página 1: Página impresa en color rosa.
  • Pág. 2: Página con la información de créditos de esta publicación.
  • Pág. 3: Portadilla con el título.
  • Págs. 4 a 10: Introducción a cargo de Xaquín Marín, que incluyó una ilustración en páginas 4 a 5.
  • Págs. 11 a 32: Curuxa `85.
  • Pág. 11: Portadilla para presentar la sección correspondiente a los premios Curuxas de 1985.
  • Págs. 12 a 13: Con una caricatura obra de Carlos Silvar.
  • Págs. 14 a 19: Con un cuento de Antón Cortizas titulado "Crónicas de trasnos" (páginas ilustradas).
  • Págs. 20 a 21: Con un chiste gráfico obra de Chelo Loureiro.
  • Págs. 22 a 25: Con un cuento de Siro López Lorenzo titulado "Emiliano".
  • Págs. 26 a 27: Con un chiste gráfico obra de David Sotelo.
  • Págs. 28 a 32: Con un cuento de Moisés Fernández Formoso titulado "Meigas".
  • Págs. 33 a 47: Curuxa `85.
  • Pág. 33: Portadilla para presentar la sección corresondiente a los premios Curuxas de 1986.
  • Págs. 34 a 35: Con un chiste gráfico obra de Xan López Domínguez.
  • Págs. 36 y 37: Con una fotografía por página obra de Eduardo Rivas.
  • Págs. 38 a 40: Con un cuento de Antón Cortizas titulado "Media Muller".
  • Pág. 41: Con publicidad de la campaña del concello de Fene "Estamos con Humor", y de varios libros de Edicións Xerais bajo el lema "Edicións Xerais, outono, novos libros.": O rei dos ameneiros (Antonio R. Baixeras), Desde o teito da noite (X. Antón L. Dobao), A pousadeira (Carlo Goldoni), Manual de Galego Urxente (X.R. Pena/M. Rosales), El granito y las luces (Nicole Dulin), As voces de mármore (Cipriano Jiménez), A acuicultura mariña en Galicia (X. Pardellas/E. Polanco), Marcovaldo ( Italo Calvino), Irmán Rei Artur (Carlos G. Reigosa), O bosque animado (W. Fernández Flórez), As viaxes de Gulliver (Jonathan Swift), As aventuras de Pinochio (Carlo Collodi), A casa abandonada (Ursula Heinze).
  • Págs. 42 a 43: Con una historieta obra de "Alberte Ferreiro" (Alberto Varela Ferreiro).
  • Pág. 44: Con un chiste gráfico obra deCarlos Silvar.
  • Pág. 45: Con una fotografía obra de C. G. Fajardo.
  • Págs. 46 a 47: Con una historieta obra de Manel Vicente.
  • Pág. 48: Página impresa en rosa.
  • Págs. 49 a 52: Sección "Palmares" con el listado de ganadores de los ganadores de los premios Curuxa 1985 y 1986 en las categorías fotográfica y literaria, junto a los galardonados con la Curuxa de honra en esos mismos años; se incluyó información biográfica sobre cada uno de los premiados o galardonados.
  • Contracubierta, con los logotipos del Museo do Humor, el Concello de Fene, y el premio Curuxa.

Muestras
 3
TEBEOAFINES
  []
Números de esta colección
 4
Ordinarios (4): 1, 2, 3, 4
Creación de la ficha (2015): Ismael Sobrino. · Datos e imágenes tomados de un ejemplar original.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Ismael Sobrino. (2015): "CURUXAS (1987, MUSEO DO HUMOR/AMIGOS DO MUHU/DPDC) 1" en Tebeosfera. Disponible en línea el en: https://www.tebeosfera.com/numeros/curuxas_1987_museo_do_humor_amigos_do_muhu_dpdc_1.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.