Libro con 136 páginas impresas en blanco y negro, encuadernada en rústica con solapas, y cubiertas en bicolor. Antología dedicada a Vidales Tomé.
Presentación (en solapas):
A presente escolma, adicada a Vidales Tomé, fai o número 2 desta pequena colección na que terán cabida todos os nosos humoristas gráficos. Engadimos o de "gráfico" porque soio imos tratar verbo dos "contos" que se compoñen de duas partes: dibuxo e texto.
Primeiramente adicarémonos a escolmar e dar a coñecer ós pioneiros do humorismo galego, ós vellos, os que xa desapareceron hai anos e, polo mesmo, a sua obra está rematada e pode ser considerada en conxunto. Logo irán os que aínda están entre nós ou hai pouco que nos deixaron, mais coñecidos do público en xeral, por sere recente a publicación das súas obras . Remataremos a colección coas novas xeneracións , cos que se formaron e publicaron o seu traballo despois da guerra civil.
A nómina é grande. Desde os primeiros anos do presente século os mais dos diarios e revistas galegas deron en publicar unha chea de dibuxos humorísticos, sendo raro o que non sacaba algún en cada número. Isto fixo que a prensa se disputase ós millores dibuxantes-humoristas. Coa guerra civil desapareceron os mais deles, ou quedaron tan minguados que xa non voltaron a acadar a importancia de antes. Uns desapareceron, outros fuxiron ó exilio e os demais, con motivo da forte censura imposta polo novo Réxime (como xa pasara na ditadura de Primo de Rivera), e de que tampouco estaban os tempos pra facer "contos", deixaron de publicar ou, anque seguisen, atoparon tantas pexas que non poideron desenrolar, tal como lles gostaría, o seu labor.
Os xa entrados en anos, lembraranse, antre outros moitos, de Díaz González, Torres, Leumas, Dichi (Fernández Mazas), Vidales Tomé, Osés, Ventura Requejo, Eduardo Padín, Ribas, Manolo Romano, Xaime Prada, Cebreiro, García Sánchez, Huici e un longo etcétera. Os mais novos, os que non chegamos ós corenta, soio lles soarán os nomes de Castelao e Maside, o último máis no eido da pintura que no humor.
As obras dos vellos humoristas dormen acochadas nas hemerotecas, naquelas publicacións que, dia tras dia, foron saíndo á luz e dábaos a coñecer ao público. Ollar, envellecidos e marelos, exemplares de Vida Gallega, Faro de Vigo, El Noroeste, La Zarpa, Galicia, El Pueblo Gallego, etc. é voltar a vivir unha época na que moitos dos graves problemas que sofría Galicia, ardilosamente analizados polos nosos humoristas, siguen ainda hoxe coa mesma vixencia e intensidade: a emigración, o caciquismo, a marxinación do campo, a lingua....
Non pensamos levar ningún método de orde pra publicar estas escolmas. Comenzamos a colección con Castelao, sin lugar a dúbidas o mestre de todos eles nesta xeira, ademais de sere un dos que millor soupo captar a nosa realidade social, política e económica. Despois irán saindo os demais, facendo o posíbel pra que sexa por orde cronolóxico, anque con isto non queremos decir que poidamos cinguirnos de cote a esta esixencia.
Desglose de contenidos.