Descripción de la editorial:
Mariano Casas (Madrid, 1971) ambienta esta historia nun contexto apocalíptico no que o mundo, a piques de ser destruído, está dominado pola desorde e o caos. Aí transcorren as últimas horas de vida dunha parella que se refuxia nunha imprenta. Anxo debuxa arreo para que se algún día se atopan as súas creacións se entenda o que aconteceu, convencido de que a única arte do futuro será o cómic; mentres, María non se resigna a morrer. Álbum de experimentación visual e narrativa, gañador do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña en 2008, no que salientan aspectos como a ausencia de figuras humanas nas páxinas iniciais, que só presentan viñetas en tons fortes e obxectos contorneados e, nas finais, a progresiva carencia de cores até recorrer unicamente ao vermello.
Edición en gallego.