Edición en gallego.
Libro con 80 páginas impresas mayoritariamente en color, encuadernación rústica, y cubiertas en color.
Información editorial:
O Certame Galego de Creadores Novos «GZcrea 2008», na súa modalidade de Banda Deseñada, buscaba traballos inéditos, de técnica e temática libres e cunha extensión mínima de dez páxinas, realizados nos formatos DIN A4 ou DIN A3.
O xurado –que se reuniu o 15 de xullo de 2008 nos locais da Casa da Xuventude de Ourense– foi presidido polo Director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, e estivo formado por Manel Cráneo, David Pintor ‘Pinto’, Carlos Portela, David Rubín, Kiko da Silva e Henrique Torreiro; Benito Losada actuou como secretario sen voto. O 1.º Premio (dotado con 3.000 euros) foi outorgado a Martín Romero Outeiral, pola obra «O home do saco»; o 2.º Premio (dotado con 1.500 euros), foi outorgado a Mª Dolores Lorente Esquiva, pola obra «Ventrílocuo»; e o 3.º Premio (dotado con 1.000 euros), a Jerónimo Piñeiro de Castro, pola obra «Carta dende a fronte». Nesta edición engádense tamén o traballo finalista, –Mención de honra do xurado, a Diego Campos Omil– «Que ben se está en todas partes» que foi exposto, xunto cos gañadores, na mostra incluída –ao igual que o acto de entrega dos premios do certame– no programa das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.