Cuadernos grapados con 12 páginas impresas en color, encuadernación grapada, más cubiertas en color. Revista de historietas editada en Santiago de Compostela, dirigida por Miguel Vázquez Freire y con dirección artística de Fausto C. Isorna.
Fe de erros (nota en la segunda de cubiertas):
Os trasnos da redacción que andan cambiando fichas e as notas de sitio, fixeron que no Extra de Nadal se atribuíse a Enjamio o debuxo do libro de Xosé Antonio Neira Cruz A memoria das árbores. Non é así, senón que este fermoso libro, editado por Kalandraka, e que inclúe un CD, foi debuxado por Kiko Dasilva. Pedimos desculpas ós lectores e ó debuxante. Ademáis, desapareceu misteriosamente (¿sería a derradeira vinganza do Manuche?) o nome do guionista da páxina do novo personaxe Luzbell. É Diego Rosales, e tamén a el queremos pedirlle que acepte as nosas desculpas. A Redacción
o Correo do golfiño
Ola, lorchos e lorchas do ano 2001...
Andaba eu tan contento nafvegando polas rúas de Caldas de Reis, que estes días do Nadal pasado era mesmo como navegar pola mar de Fisterra, cando paro no quiosco da praz, pido o Golfiño extra Nadal e ¡paff!, gran trompada. ¡Non o tiñan! E non porque xa o esgotasen, non. ¡Non o tiñan porque aínda non chegara!
No vexade-lo cabreo que collín. Alá fun chamar a editorial, a imprenta, a empresa distribuidora (que é a que leva as revistas ós quioscos), e ata ós coitadiños da redacción, que andaban tan tranquilos de vacacións, pensando que tiñan os deberes ben feitos.
Uns que se o efecto 2001 (¿pero non era o 2000?) que lles estragara tódolos ordenadores. Outros que a crise do petróleo e disque por iso non tiña graxa para engraxar como é dibido as máquinas de imprimir. Os terceiros que as camionetas se averiaran e as estradas se inundaran e as pontes se romperan. ¿E os da redacción? Eses, ¡ai!, non sabían nada, nin se enteraran.
Pero nós non nos desanimamos. Sabemos que, contra tódolos elementos da natureza desatados, os nenos lectores e lectoras de Galicia agardades cada mes polas novas aventuras dos Escachapedras e da fermosa Xiana no Castelo Regadeira, polo humor de Tom e Tonecho, polos contos diminutos e os fotoramas.
Para todos vós temos preparadas unhas importantes novidades nesta nova etapa de Golfiño que este mes comeza. En primeiro lugar catro páxinas máis con novos personaxes e dúas seccións de pasatempos e xogos, unha delas con temas tomados da arte, para que de paso vaidades collendo culturiña.
Como xa vos anunciabamos no anteior número, as aventuras de Teixugo e Xeixas Johnson concluíron por esta vez, Pepe Carreiro e Xeixas Johnson seguen con nós presentando novos personaxes nun novo formato que estou seguro vos vai entusiasmar: breves tiras cómicas, nas que o seu humor competirá co de Xaquín Marín e con Abraldes, unha nova incorporación a nave de Golfiño.
A mala nova é que o Manuche quere deixarnos. Pero eu non penso permitirllo. Claro que para iso preciso da vosa colaboración, lorchos e lorchas. ¡Participade no novo concurso do Manuche e impediredes que el marche! E ademáis así poderedes aspirar a sérde-lo noso Manuche do mes! Por certo: Andrea Puy Gómez, aquí á esquerda, Manuche do Golfiño #6, esqueceu enviárno-lo seu enderezo e non puidemos mandarlle o seu agasallo. Aínda está a tempo. Escríbenos, Andrea, e recibirás un debuxo meu asinado persoalmente polo mesmísimo Fausto (así de paso, a ver se o collo e lle fago pagar algunhas das que me fai pasar el a min).
Desglose de contenidos.