Libro con 128 páginas impresas en blanco y negro, encuadernación rústica con solapas, y cubiertas en color.
Diseño de cubierta: Miguel Vigo y Xan Leira. Maquetación: Xan Leira. Procesado de textos y fotomecánica: Marín Scaner (Vigo).
Texto de contracubierta:
Nas enquisas sobre as preferencias lectoras dos rapaces e rapazas aparecen sempre os cómics en primeiro lugar. Este resultado non estrañará a ningunha persoa que coñeza as enormes posibilidades expresivo-comunicativas dun medio como o cómic, inxustamente minusvalorado ata hai pouco tempo.
Desde a perspectiva educativa, as súas potencialidades son enormes. Non só como medio auxiliar, útil en diferentes áreas, senón sobre todo como linguaxe específica, como ferramenta expresiva ó servicio das alumnas e alumnos.
Sen embargo, os cómics aínda teñen unha escasa presencia nos nosos centros educativos. Isto obedece, en moitas ocasións, ás dúbidas do profesorado sobre o camiño axeitado para a súa introducción no traballo diario.
Pois ben, Os cómics nas aulas é unha excelente guía para abordar, desde os primeiros pasos, o traballo con este poderoso e suxestivo medio de comunicación. Solidamente fundamentado na teoría e amplamente contrastado na práctica, o presente estudio, que recolle as experiencias do autor ó longo de dez anos, abre un amplo abano de posibilidades para o traballo cos cómics nos diferentes niveis de ensino, desde a educación Infantil á Secundaria.