Libro de historieta con 52 páginas en color, encuadernación en Rústica, y cubiertas en color.
Información de la editorial:
Nunha Galiza en tensión por manterse como reino independente, sete infantes raptan a Nuno, o primoxénito do rei García II. Un enigmático cabaleiro francés, de nome Roldán, inicia unha aventura de rescate sen freo que deixará como rastro un río de sangue. A traizón a un rei ten un prezo.
Inacio e Iván Suárez adaptan de xeito maxistral esta obra dunha das mellores plumas do romanticismo, Victor Hugo, que fixou a súa mirada no derradeiro rei de Galiza para rimar un relato épico e poético que resulta imperecedoiro e fresco.
Le petit roi de Galice, publicado dentro da obra magna de Hugo La légende des siècles, recupera a tradición medievalista dos autores románticos enxalzando a loita clásica entre o ben e o mal. Unha banda deseñada na categoría de delicatessen.