Cuaderno grapado con 16 páginas impresas en blanco y negro más cubiertas semirrígidas en bicolor. Correción lingüística: Xosé Manuel Sánchez (UDC).
Tebeo orientado a la difusión de la lengua gallega entre la juventud según la premisa argumental en la que una pareja de muchachos aficcionados a la música rap son orientados por la profesora de su instituto para formar un grupo de rap en gallego. De modo que en el transcurso del relato los dos protagonistas pasan de hablar en español a hacerlo en gallego.
Introducción:
A edición en banda deseñada Este século rima en galego e máis unha parte do programa que, co mesmo nome, desenvolveu a Asociación Cultural Alexandre Bóveda en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza. Este programa constou dun obradoiro de rap, coa titoría de García de Dios ke te crew, e tamén da edición de esta banda deseñada.
No tocante a esta edición que tes nas túas mans, estamos especialmente satisfeitos e satisfeitas, porque ven de darlle continuidade á publicación de diversas bandas deseñadas proxectadas desde a nosa entidade. Todas elas tiveron unha importante repercusión pública e unha excelente acollida entre a xente nova (e non tan nova).
Podemos dicir que este traballo, que guionizou Rai Fraga, contou, com xa é tradición na nosa entidade, coa contribución artística de dúas figuras emerxentes da banda deseñada en Galiza, Víctor Manuel Guerra e Juan David Guevara.
A grandes trazos esta obra ten un estilo de debuxo que fusiona dous conceptos diferentes, un debuxo de liña máis ou menos convencional, combinado con fotomontaxe para conseguir texturas e construír texturas e fondos.
O debuxo base é moi sintético e ten certo carácter xeométrico tratando de ser accesíbel a todas as idades. A utilización de fotografías reais proporciona unha "atmosfera" máis verosímil ao conxunto.
Procurouse que o estilo das ilustracións se puidese asociar á temática do rap a través sobre todo da indumentaria e dos xestos dos protagonistas.
O traballo con fotografías de prazas e edificios recoñecíbeis da Coruña tentou chamar a atención do público lector e darlle un carácter máis persoal ao traballo.
O proceso de realización foi unha labor en cadea: basicamente un facía os debuxos estabelecendo uns parámetros básicos para a composición dos fondos e texturas e o outro sacaba as fotos pertinentes e terminaba as ilustracións. Esta resultou a mellor maneira de traballarmos para compaxinarmos dous estilos diferentes de debuxo.
Xunta Directiva da AC Alexandre Bóveda
Desglose de contenidos.