Descripción de la editorial:
Cinco narradores afánanse na procura do mellor conto do mundo, para gañar o reto proposto polo califa de Bagdag, e gañar sona e riquezas. O rosmón, o filósofo, o perspicaz, o rebelde, o xentil... Virtudes e defectos que adornan a personalidade de cada narrador e que representan un amplo abano de arquetipos humanos nunha cidade, Bagdag, chea de contrastes. O exotismo de Oriente Medio e o ambiente envolvente de cada historia, ao máis puro estilo das Mil e unha noites, transporta o lector a outra esfera da realidade, dominada polo arte de contar.
Edición en gallego.