Edición en gallego.
Libro de historieta con 104 páginas interiores a color, encuadernación rústica, y cubiertas a color. Segundo tebeo publicado por Edicións Xerais de Galicia dentro de su colección Novela Gráfica. Edición a cargo de Helena Pérez. Con trabajo de maquetación y diseño de cubierta de Miguel Vigo, y producción de Xosé M. García Crego. Adaptación a la historieta de la novela juvenil del mismo título escrita por Agustín Fernández Paz.
Texto de contracubierta:
Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar.
Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
Extracto del prólogo de Antonio Seijas:
Nunca imaxinara que por iniciativa propia ía adaptar unha novela a banda deseñada. Non por nada especial, senón que sempre teño unha morea de ideas para facer álbums e encántame ilas desenvolvendo, crear a historia, os personaxes, darlle unha estructura, etc. Se me desen a escoller, preferiría traballar facendo algo propio o 99,9 por cento das ocasións. Cartas de inverno era ese chisco de porcentaxe restante. Tiña que facelo.
Todo comenzou, sen eu sabelo, en febreiro de 2007. Nada máis chegar de Amsterdan de viaxe, recibo unha chamada de Helena Pérez, editora de Xerais. Ían sacar unha nova edición da novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno(a 20ª para ser exactos), e querían renovarlle a cuberta para un libro, e unha das miñas primeiras encargas profesonais. Sería tamén a semente desta novela.
Sabía do libro, máis non o lera, así que ese foi o meu batizo con el. Que dicir da magnífica obra de Agustín, que nos mergulla nunha obra lovecraftiana ambientada no medio da nosa máxica Galiza... Encantoume. Ademais, as localizacións estaban pretiño de min. Pontedeume está a dez minutos da miña casa, e Vilarmaior a media hora. Coñecendo a paisaxe, a contorna, as xentes... supoño que a idea de convertela en banda deseñada andou polo meu maxín dende esa primeira vez que a lin, pero nese intre tampouco lle din máis voltas, só pensaba que podería facerse unha banda deseñada ben xeitosa dela, pero a cousa non pasou de aí.
Para que a idea non se me fose da cabeza, semella que o destino fixo que me cruzase co autor. O ano anterior eu gañara o Certame Castelao de Banda Deseñada coa obra Un home feliz (actualmente editada en castelán por De Ponent cun prólogo de Miguelanxo Prado). Ese premio comporta que na seguinte edición do Castelao, a do 2007, eu formase parte do xurado, onde concidín por primeira vez en persoa, con Agustín. [...] Un ano despois produciuse o primeiro achegamento serio, pregunteille sobre o particular a Manolo Bragado, director de Xerais, e tanto el como Agustín mostráronse a favor da idea.
Desglose de contenidos.