CARNE PARA CANS (2024, DEMO)
CARNE PARA CANS
A REVOLUCION DO GALEGO SOTO
s/n de CARNE PARA CANS [de 1]
DEMO EDITORIAL · A Coruña · España
Distribución:
España · 15-IX-2024 · 20 €
Edición:
Lengua:
En gallego
Formato:
Tamaño:
24 x 17 x 0,5 cm
Paginación:
87 págs. más cubiertas
Color:
COLOR (portada, interior)
Registros:
ISBN: 978-84-129070-1-8
Autores:
Guionista 1: MANUEL POY
Dibujante 1: KUNDO KRUNCH
Colorista 1: KUNDO KRUNCH


  0  0

Libro encuadernado en Rústica de 87 páginas en color mas cubiertas.

Sinopse:

Entre 1920 e 1921, os traballadores da Patagonia arxentina érguense contra o abuso laboral das empresas capitalistas que alá operan, liderados por un mozo bastante novo, pero cunha personalidade forte e definida: Antonio Soto Canalejo.

Emigrante galego educado no anarquismo, Soto enfróntase ao mando do exército arxentino -con quen comparte raíces xeográficas pero non ideais- e consigue un fito que o converte nun heroe da liberdade. Hoxe en día, ese fito está inmortalizado na Arxentina, mais é descoñecido na súa terra natal.

Antonio Soto Canalejo, coñecido como El gallego Soto ou Líder da Patagonia rebelde, nado en Ferrol o 8 de outubro de 1897 e finado en Punta Arenas, Chile, o 11 de maio de 1963, foi un dos principais dirixentes anarcosindicalistas nas folgas rurais na Patagonia arxentina en 1921.

En xaneiro de 1920 desátase unha verdadeira rebelión popular na cidade de Trelew, Chubut. Todo comeza cunha folga de empregados de comercio á que se adhire case toda a poboación[Cómpre referencia], en contra do gobernador, a policía e os grandes comerciantes. Antonio Soto, aparece arengando á xente e apoiando aos traballadores en folga. Esa actitude valeulle a súa detención e expulsión do territorio chubutense.

Pouco despois chegará a Río Gallegos. O clima obreiro que reina na capital santacruceña atráeo. Antes e logo das funcións teatrais concorre ao local da Sociedade Obreira. Alí escoitará ao asesor, doutor José María Borrero. Borrero aléntao a quedar e integrar o sindicato; el deuse conta de que Soto é un home de loita, con preparación ideolóxica e que sabe expresarse ben nas asembleas. Soto abandona a compañía teatral e radícase na Patagonia. Inscríbese como estibador para traballar no porto (“traballador de praia”).

O 24 de maio de 1920 é elixido secretario xeral da Sociedade Obreira de Gallegos. En xullo dese ano a Sociedade Obreira, de acordo con todos os sindicatos das outras cidades santacruceñas, declara a folga do persoal de hoteis de todo o territorio e do persoal de praia dos portos. Piden melloras salariais. No sector de praia pérdese a folga; en cambio, o gremio de mozos, peóns e cociñeiros de hoteis, continúan.

TEBEOAFINES
  []
Números de esta colección
 1
Ordinarios (1): 0
Creación de la ficha (2024): César López · Datos e imágenes tomados de la editorial.
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
César López (2024): "CARNE PARA CANS (2024, DEMO)" en Tebeosfera. Disponible en línea el en: https://www.tebeosfera.com/numeros/carne_para_cans_2024_demo.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.