Edición en gallego.
Libro de historieta con 48 páginas en color, encuadernación en cartoné con guardas ilustradas, y cubiertas a color. La traducción al gaélico de algunas expresiones y palabras empleadas fue realizada por Emily Allen.
Descripción de la editorial:
"Mentres contemplan o marabilloso solpor no castro de Baroña, os barbanzóns séntense invadir pola nostalxia e non lle atopan sentido á vida. Segundo Lerankos, o druída, é por culpa de estaren no solpor da Prehistoria, no mellor dos mundos posibles: a humanidade xa chegou ao seu máximo de perfección e non pode progresar máis. Pero Onassis ten a solución: facer un cruceiro deica Irlanda. E para alá van no seu barco.
Na verde Eirín, préndenos as mulleres guerreiras pois segundo o Concilio Druídico da Carballeira Sagrada a solución para os celtas, afectados tamén polo mal da Prehistoria, é sacrificar estranxeiros. Cuestionan a súa condición celta, ata que o matachín recoñece a Guinness e déixaos marchar. Ela vai onda o seu antigo home, que xa ten outra muller porque pasara demasiado tempo sen ela, desde que a raptaran e levaran para Baroña. Son, fillo dela, convence a dous xoves irlandeses de que deben loitar contra os privilexios do rei e os druídas, que teñen máis gando e terras, e comen bistés de ternera. Mais só os seguen os "Sen Terra", dispostos a facer a revolución, razón pola cal os irlandeses deciden precipitadamente acompañar os barbanzóns e fuxir de Irlanda.
Primera entrega dunha serie protagonizada pola familia dos Barbanzóns formada por nove habitantes do castro de Baroña e o oso Banza."
Desglose de contenidos.