Libro con 48 páginas impresas en color, encuadernación en cartoné, y cubiertas en color.
Libro ilustrado que se acompañó de la versión en audiolibro, con voces de: Xerardo Couto, Gonzalo Faílde, Montse Davila, Tacho González e Antón Rubal.
Información de la editorial:
Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!». Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro! Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa... Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará! Prolongade a experiencia do Menhir de Ouro coa súa versión sonora! Voces excepcionais, música orixinal e efectos sonoros feitos á medida para completar as asombrosas aventuras de Astérix e Obélix e descubrir por fin os terribles rechouchíos do bardo Asegurancetúrix.