Libro con 104 páginas impresas en blanco y negro, encuadernado en rústica con solapas, y cubiertas en color. Libro sobre la asociación Amigos dos museos de Galicia que se ilustró con una serie de viñetas de Xaquín Marín alusivas a los museos. Impresión: Imprenta América. Maquetación: X. Raúl López Naya.
Constó en la segunda de solapas: "Esta publicación é posible grazas á colaboración económica da Secretaria Xeral de Política Lingüística Xunta de Galicia".
Texto de contracubierta:
Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo preocu`pado tanto pola sensibilización do patrimonio cultural como polas funcións dos museos, especialmente de Galicia, así como de canto dignifica a capacidade creadora e inventora do ser humano. Asociación nacida no ano 1975arredor do Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón e galardoado no 1985 co prestixioso "Premio Otero pedrayo". Todo animou a desenvolver e mellorar unha ampla variedade de actividades, recentemente dende o seu singular espazo de cultura, "Portas Ártabras", na rúa Sinagoga 22, da Coruña. Área acolledora, decorada e ambientada con coidado deseño, na que se conxuga o pouso da tradición coa sempre anovada ansia de busca.
Colectivo sobranceiro pola súa participación e constancia, formado por xente de todas as sensibilidades e idades, que concorre ás "xeiras" guiadas ao longo e ancho de Galicia, ás expedicións polo mundo ou aos cursiños e ás conferencias sobre museos, patrimonio e acontencer. Sólida base socialque permite anualmente a concesión do Premio "Pedra do Destino" a quen se teña caracterizado pola salvagarda do patrimonio cultural de Galicia, entre outras moitas actividades que fan da asociación un imitado referente dentro e fora de Galicia. Colectivo que non esquece e quere contribuír aos fins do museo, como institución de memoria, así pois de identidade: acopio, conservación, investigación e ensino de canto engrandece ó ser humano como ser social, tanto dentro como máis alá das estructuras ou das vitrinas dese mal necesario que é a institución do museo.
As páxinas do libro que tendes nas mans queren sintetizar a traxectoria e a filosofía deAmigos dos Museos de Galicia para canto poida servir de mellora, como de aporte nos infindos camiños da cultura.