Descripción de la editorial:
Coa publicación da serie Paracuellos iniciada en 1975, Carlos Giménez (Madrid, 1941) comeza desde o seu propio testimonio como protagonista a súa crónica da posguerra española. Con 36-39. Malos Tempos, orixinalmente publicada en catro tomos, Giménez aborda a realidade española durante a Guerra Civil en concreto do sitio de Madrid, situándoseben lonxe da visión de «guerra romántica», como o autor repite unha e outra vez. O seu retrato daqueles tempos convulsos, a través dun debuxo eficaz e de historias baseadas en feitos reais e na súa propia experiencia, aborda o medo, a fame, a crueldade dos bombardeos, o horror, as mortes irracionais, a terrible opresión..., mais, ao tempo, acolle, con tenrura, o pulo da vida cotiá alén do odio e das fondas feridas. 36-39. Malos Tempos constitúe unha crónica de vida, un achegamento fundamental á nosa historia recente, unha obra única no seu xénero que se edita en galego por vez primeira