Tebeo a modo de catálogo que recogió las historietas ganadoras en el Certame de cómic de Arteixo 1999.
Constó en créditos: "Xurado: Xan López Domínguez / Suso Cubeiro / Javier Rodróguez / Javier Quiroga / Cristina Garay"; "Agradecimientos: Carlos Portela / TVG / Servicios sociáis do concello de Arteixo / Cristina Garay". Únicamente dos de las seis historietas publicadas presentaron textos en lengua gallega.
Texto introductorio:
ART'EIXO 99
O Certame Cómic de Arteixo naceu coa vocación de divulgar unha nova forma de comunicación social. O Cómic toma así a forma dunha canle na que conectar coas inquedanzas da nosa sociedade, a través da imaxinación do autor e tamén do lector.
Nesta primeira publicación presentamos unha selección das obra de maior calidade da edición do 99, agardando con ilusión poder disfrutar moitos anos das futuras convocatorias. Dende aquí, o noso recoñecemento a tódolos participantes e o maior apoio ó mundo do Cómic.
Asd. Manuel Pose
Alcalde — Presidente
Xunto coa cinematografía, a banda deseñada pasará á historia como unha arte xenuinamente propia do século XX. A maxia deste xoven medio radical na súa capacidade para tomar tantas formas e contidos distintos como conxuntos diversos de audiencia sexamos quen de atopar. Países como Francia e Xapón, que deben ser para nós un modelo de referencia, teñen alcanzado un inxente nivel de producción e unha admirable normalidade no consumo de cómics que permiten que sexa tan usual ler un libro de cuadriños como ler o xornal, unha novela ou ir ao cine ver unha película. Esas grandes metas conséguense coa suma de iniciativas prometedoras e ilusionantes como o Certame de Cómic "Art'Eixo". Un encontro entrañable de afeccionados, autores noveis e consagrados, libreiros e curiosos que nos presenta aos que serán os grandes talentos do día de mañán, e que nos recorda, con aire festivo e optimista, que ahí fóra, nalgures hai un cómic especialmente pensado para ti.
Kike Benlloch, presidente de FunComic.