Edición en gallego.
Libro de historietas con 80 páginas interiores en color, encuadernado en cartoné con guardas ilustradas, y cubiertas en color. Recopilación de la serie publicada originalmente en la segunda etapa de la revista Golfiño (La Voz de Galicia, 2002) con nuevo coloreado y quince nuevas páginas que dieron fin a esta la primera aventura de larga extensión de Golfiño. Diseño y maquetación a cargo de Fausto Deseño Asociados. Constando Isabel Soto por la "Versión galega".
Texto de contracubierta:
Xa están aquí! A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza como unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha trepidante aventura na que deberán enfrontarse a unha raza alieníxena que chega á Terra con propósitos inconfesables... Por fin a versión íntegra, que inclúe o esperado final, en formato panorámico, cos diálogos orixinais ao completo e a cor totalmente restaurada. Acadará Golfiño fanar os maquiavélicos plans do Grande Imperio Cuá-Cuá? Nestas páxinas, o relato veraz do que aconteceu.
Texto sobre esta edición (tomado del propio tebeo):
"Golfiño e os invasores" foi concibida para "Golfiño" mensual en 2001, como unha serie de pranchas de cinco tiras "ao estilo Bruguera", pero non se levou a cabo polo prematuro peche da revista.
Por fin, estreouse no número 35 de "Golfiño" semanal o 10 de xaneiro de 2003, ata o seu peche no 89 (25 de xaneiri de 2004).
Publicouse por entregas de media prancha ata o número 70 (14 de setembro de 2003) cando pasou ao formato de páxina semanal, agás as pranchas 43/44, 50/51 e 52/53 que se publicaron a dobre páxina nos números 80 (23 de novembro de 2003), 87 (11 de xaneiro de 2004) e 88 (18 de xaneiro de 2004), respectivamente. Esas 54 pranchas foron entintadas e coloreadas orixinalmente por Dani Docampo.
Para a presente edición, o autor volveu entintar as 20 primeiras pranchas, cuxos lapis se conservaban, e refixéronse totalmente a cor, a cargo de Nuria Giraldo, e a rotulación, devolvendo os textos orixinais as medias pranchas, recortados no seu día por mor do tamaño da repriducción.
As últimas quince páxinas foron escritas, debuxadas e entintadas entre marzo e abril de 2010.