Cuaderno con 24 páginas impresas en blanco y negro más cubiertas en color.
Editorial:
Que as liñas seguintes sirvan como presentación desta humilde publicación feita con moito traballo e esforzo.
Se compraches este fanzine, é que sabes apreciar unha boa obra de arte; se cho regalaron é que os teus amigos teñen moi bo gusto; se non che gusta... ben, sentímolo pero non se devolven os cartos. Por esta espectacular revista van pasar os máis grandes artisto do mundo do cómic, para ofrecernos as suas mellores historias... —ejem— seguro que xa miraches a portada e bolviches e bolviches a botarlle un ollo ó interior, ¿va que si? Esta ben, síntoo, pero tiña que intentalo, igual algún despistado picaba.
Agora en serio (pero non moito), o que queremos intentar con este producto feito por e para afeccionados ó noveno arte non é rivalizar coas grandes obras do xénero, nin coas grandes editoriais (excepto con Norma, e se non me credes mirade o precio de portada), senon permitir que autores noveles galegos poidan dar os seus primeiros pasos nesto da banda deseñada.
Coa túa axuda, podemos conseguir que estes novos artistas consigan facerse un oco neste "mundiño", e tamén, intentar que este medio de expresión que tanto nos gusta chegue un pouquiño máis lonxe; así que, xa sabes: regálallo ós teus amigos ou familiares, e sobre todo, coméntalle o ben que está a todo o mundo. Que conste que soamente cho digo para enriquecer a súa cultura e o mundo do cómic.
Agora, lede con calma e disfrutade, que, ó cabo, é do que se trata.
Fdo. O Editor