A Sociedade Liceo de Noia e o autor Fonso Barreiro organizan V de Viñetas: I Xornadas de Cómic no Liceo de Noia. Entre o 16 e o 18 de novembro Kiko Da Silva, Miguelanxo Prado e Fernando Iglesias impartirán obradoiros de creación e darán a coñecer os seus traballos. O programa inclúe tamén a presentación da revista A viñeta de Schrödinger e postos de tres librarías especializadas. Unha exposición de páxinas orixinais de diferentes series do universo Marvel e a proxección do filme Vengadores: Infinity War fan tamén parte do evento.