Premio de Banda Deseñada Virxinia Pereira 2017

Premio de Banda Deseñada Virxinia Pereira 2017

Edición:
1
Duración:
Del 18-I-2017 al 15-II-2017
Localización:
Pontevedra · España
Contacto:

Concurso de cómic en gallego organizado por el Concello de Pontevedra y la escuela O Garaxe Hermético, que llevaron el nombre de Virxinia Pereira, esposa de Castelao y responsable de que la difusión su legado.


Programa

PREMIO DE BANDA DESEÑADA VIRXINIA PEREIRA.

CONCELLO DE PONTEVEDRA – O GARAXE HERMÉTICO

A Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia, O GARAXE HERMÉTICO cumpre o 2017 cinco anos de andadura. Polas súas aulas pasaron máis de 200 alumnos e alumnas para aprender á profesión de historietista da man de
profesionais en activo.

Para conmemorar o 5º aniversario aliámonos coa Concellaría de Educación e Igualdade do Concello de Pontevedra para reivindicar e concienciar sobre a problemática da diferencia de xénero e a desigualdade social das mulleres na nosa
sociedade, dende a arte da Banda Deseñada.

O premio ten como obxectivo estimular e fortalecer a reflexión crítica sobre as desigualdades existentes entre homes e mulleres no noso país, contemplando súas interseccións dependendo da clase social, xeración, raza, etnia e sexualidade no campo das relacións de xénero, mulleres e feminismos, e sensibilizar á sociedade respecto a problemática destas desigualdades na sociedade actual.

1.- Tema.
O tema das obras será a problemática dos malos tratos e a desigualdade da muller na sociedade actual, de creación propia e inéditos; o contido das obras non pode atentar contra a dignidade das persoas.

2.- Lingua.
As obras deberán estar escritas en lingua galega.

3.- Formato dos traballos.
Presentaranse obras orixinais en branco e negro ou en color, realizada con técnica libre.

Non se aceptarán orixinais, só se poden presentar copias de calidade.

As obras deberán de presentarse en soporte CD en tamaño A3 ou A4 a 300 píxeles por pulgada en formato jpg, e tamén débese presentar impreso en formato DIN A-3 en papel de gramaxe non inferior a 200 gr., e con resolución de 300 píxeles/pulgada.

As obras deberán ter o título e o lema na parte de atrás, e non deben ir asinadas.

4.- Modalidades.
Poderase presentar ao concurso calquera persoa sen límite de idade.

Os concursantes deberán presentar unha BD de 6 páxinas a cor ou branco e negro de formato único DIN A-3 (29’7x42).

5.- Forma de presentación.
Os traballos presentaranse baixo un título ou un lema co modelo que se xunta como anexo a estas bases.

Os traballos presentaranse xunto cun sobre pechado sen identificar no que se incluirán:

- os datos persoais do autor/a (nome e apelidos, dirección, teléfono, e-mail, e idade)

- Certificado do número de conta bancaria.

- Fotocopia do DNI.

Pódense presentar obras individuais o conxuntas entre guionista e debuxante, pero tan só unha obra por persoa.

6.- Lugar para a presentación dos traballos.
Os traballos presentaranse na Alcaldía do Concello de Pontevedra, no edificio municipal da rúa Michelena número 30, 3º andar.

Poderán presentarse persoalmente en horario de 8.30 a 14.30 ou remitirse por correo postal dirixido a:
Concello de Pontevedra-Premio BD Virxinia Pereira
Rúa Michelena, núm. 30,
36071- Pontevedra
(Alcaldía – CIM 3º andar)

7.- Prazo de presentación.
A data límite para poder presentar os traballos é o 15 de febreiro de 2017.

No caso dos traballos remitidos por correo postal, aceptaranse aqueles que leven dita data no mataselos de correos.

8.- Propiedade das obras.
Os traballos presentados son propiedade dos seus autores/as.

A organización reservase o dereito a reproducir as obras premiadas nunha publicación durante un ano.

9.- Premios.
Outorgaranse os seguintes premios:

1º PREMIO: 2.000 euros, que será entregado polo Concello de Pontevedra, curso de verán de BD (2017) cedido por O GARAXE HERMÉTICO, Escola de Banda Deseñada de Galicia, e publicación nunha revista que será distribuída polos centros de ensino de Pontevedra.

2º PREMIO: 1.000 euros, que será entregado polo Concello de Pontevedra, un lote de BD cedido por O GARAXE HERMÉTICO, Escola Profesional de Banda Deseñada
de Galicia, e publicación nunha revista que será distribuída polos centros de ensino de Pontevedra.

3º PREMIO: 500 euros, que serán entregados polo Concello de Pontevedra, un lote de BD cedido por O GARAXE HERMÉTICO, Escola Profesional de Banda Deseñada
de Galicia, e publicación nunha revista que será distribuída polos centros de ensino de Pontevedra.

Todos os premios estarán suxeitos ás retencións de IRPF vixentes que no seu caso lle correspondan.

Ningún autor ou autora poderá beneficiarse de máis dun premio.

O Concello de Pontevedra agasallará ás persoas premiadas cunha placa conmemorativa deseñada por Kiko da Silva.

10.- Exposición e publicación dos traballos premiados.
Farase unha exposición coas obras finalistas e premiadas polo xurado.

Todas as historietas premiadas serán publicadas nunha revista que terá coma obxectivo sensibilizar e crear a reflexión e o debate nos centros de ensino de Pontevedra.

Poderanse publicar ate un máximo de 3 accesits se o xurado os considerase con calidade para ser publicados e expostos.
A entrega de premios efectuarase durante o acto de inauguración da exposición das mellores obras seleccionadas polo xurado, o dia 8 de marzo de 2017.

11.- Xurado e outras determinacións.
Un xurado cualificado escollerá as mellores obras.
O veredicto do xurado darase a coñecer polos medios de comunicación unha semana antes da inauguración da exposición á que se refire á base 10.

Se o xurado así o decide, os premios poderán ser declarados desertos se non se cumpren os mínimos de calidade esixidos.

A participación no concurso, implica a aceptación destas bases.

A organización resérvase o dereito de publicar as obras premiadas, pero non devolverá as obras concursantes.

Se durante o desenvolvemento do concurso compróbase que calquera das obras presentadas foron plaxiadas, a organización descalificará automaticamente á obra e
ao seu autor ou autora.

As persoas participantes eximen ao Concello de Pontevedra e á organización do premio, da responsabilidade de plaxio ou de calquera incumprimento da normativa vixente en materia de propiedade intelectual na que puideran incorrer.

Para calquera información ou aclaración en relación con estas bases, as persoas interesadas poderán dirixirse a:

O GARAXE HERMÉTICO, Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia.
Rúa Álvaro Cunqueiro nº 4, baixo.
Tel.: 886 208362
Mób.: 610337312
ogaraxehermetico@gmail.com

 
Cartel, con ilustración de Teresa Valero
Creación de la ficha (2017): Félix López · Datos e imágenes obtenidos del sitio web del organizador
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Félix López (2017): "Premio de Banda Deseñada Virxinia Pereira 2017" en Tebeosfera. Disponible en línea el en: https://www.tebeosfera.com/promociones/premio_de_banda_desenada_virxinia_pereira_2017.html