Libro con 80 páginas impresas en color, encuadernación en cartoné, y cubiertas en color.
Libro ilustrado que contó con el asesoramiento del Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.
Información de la editorial:
«É setembro. Suponse que o outono comezou hai un par de días, pero o ceo ten aínda a luminosidade do verán tardío e vai calor. Imos percorrer esta comarca de longa historia seguindo os carreiros da súa especial relación co viño, descubrindo as súas cambiantes paisaxes, vilas e recantos, do fondo do val aos cumios penedosos. É tempo de vendima en Valdeorras».
Con estas palabras, o recoñecido e multigalardoado debuxante Miguelanxo Prado, comeza unha viaxe pola comarca ourensá para descubrir a súa historia, a paisaxe e o mundo do viño, e logo plasmalo con palabras e imaxes. O relato deste periplo preséntase nunha coidada edición dentro de InCógnita —selo artellado por El Patito Editorial para darlles forma aos proxectos persoais de Miguelanxo Prado e da escritora Uxía Meirama—, nun libro que é unha nova incursión do ilustrador no caderno de viaxe, xénero no que xa ten feito outras achegas con volumes dedicados a Lisboa ou Belo Horizonte.