Edición en gallego.
Libro de historietas con 50 páginas en blanco y negro, encuadernación rústica con solapas, y cubiertas en color.
Descripción de la editorial:
Tokio, autor de banda deseñada e biólogo mariño, asina unha obra de ficción de importante carga política, que publicou inicialmente por entregas en 1987, no xornal A Peneira. Recuperada agora con nova aparencia gráfica e argumento ampliado, supón unha ollada xenuína ás inquedanzas de boa parte da sociedade galega dos oitenta. A historia, protagonizada por unha muller, inclúe temas como os movementos sindicais, o terrorismo e a corrupción política dos anos oitenta, coa banda sonora da Movida viguesa de pano de fondo.
O álbum conterá un enlace a Spotify e referencias dos temas musicais que inspiraron o autor para a realización do álbum.
Texto de la primera de solapas:
A Causa do crime foi a segunda historia por entregas publicada por Tokio no xornal A Peneira, en 1987. Xa pola súa extensión constitúe un fito da historia da entón nacente banda deseñada galega, mais, alén diso, destaca polo seu tratamento de temas políticos e sociais que , sendo ficticios, non de ter unha base real inspirada nos feitos acontecidos naquela altura. A Causa do crime esta ambientada en Vigo no contexto da primeira folga xeral galega contra o desmantelamento do texido industrial e a reconversión naval. Mentras soan cancións que aínda non deixamos de cantaruxar, traballadoras/es e sindicalistas fan un oco nas súas mobilizadas vidas para descubrir un crime que se volve contra elas/es.
Esta edición recolle unha nova versión daquela historia, que conserva toda a esencia da orixinal e ao tempo permite redescubrir esta obra do autor da sorprendente novela gráfica Cabana de balieiros /Demo Editorial, 2011).