Auxiliar de arqueoloxía e medievalista responsable do estudo documental. Entre os seus traballos anteriores destacan as asistencias técnicas como arqueólogo na Necrópole Rupestre de San Vitor de Barxacova e Cividade do Castro (Parada de Sil, Ourense, 2010-2014) e Convento de San Franciso de Ourense (2014), ademáis de actuacións nos cascos históricos de Ourense, Verín ou Xinzo de Limia. Como documentalista destacan os traballos e publicación ao redor dos Lagares Rupestres da Comarca de Monterrei (2012-2013), San Vitor de Barxacova (Parada de Sil, 2011-2012), Mosteiro de Santa María de Melón (2010), Santa Cristina de Ribas de Sil (2011) e o Camiño de Santiago por Ourense (2014). No futuro inmediato abordará un estudo e recompilación para unha guía do patrimonio existente no Eixo Atlántico.